Thursday 16 de May de 2024

Nova poxa de once vehículos abandonados no municipio de Riveira


O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe un anuncio no que se comunica unha nova poxa de vehículos abandonados no municipio de Riveira.

Neste senso, o Concello informa de que con este anuncio se pon en coñecemento dos titulares dos vehículos a apertura d s expedientes corrspondentes para a súa execución “por causar risco na vía pública ou non poder ser convervados sen sensible deterioro”. Cantas persoas se consideren afectadas poderán formula-la oportuna reclamación dentro do prazo de oito (8) días a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín.

Os vehículos (once en total: dez vehículos e un camión furgón) irán destinados a material non utilizable.

O sistema de adxudicación dos vehículos será o de poxa á plana, non admitíndose posturas inferiores aos 500 euros por todos os vehículos; celebrarase no depósito municipal sito no polígono de Xarás, s/n de Riveira, ás dez (10:00) horas do decimoquinto (15º) día hábil, a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (si resultase ser sábado, celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

A forma da poxa dos vehículos será nun único lote, e unicamente poderán licitar aquelas persoas que se atopen de alta no Imposto de Actividades Económicas, e estean autorizadas pola Xunta de Galicia como Xestores de Residuos de Vehículos ao final da súa vida útil (Centro Autorizado de Tratamento de Vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación); o que deberán acreditar no acto da poxa.

Os adxudicatarios disporán dun prazo de 48 horas, seguintes á poxa, para satisfacer en efectivo o prezo do remate e para retira-los vehículos. Os que non sexan retirados no devandito prazo entenderase que o adxudicatario renuncia de xeito tácito ós mesmos e non se procederá por parte da Administración á devolución do prezo do remate.